O Concello da Pobra do Caramiñal informa do corte temporal da estrada dos Areos por traballos de pavimentación

18 Xuño 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que o vindeiro luns 22 permanecerá cortada ao tráfico a estrada dos Areos, no tramo que dá acceso á zona comercial na que se atopan os supermercados, debido aos traballos de pavimentación que se levarán a cabo nesta vía.

A actuación desenvolverase entre as 7.00 e as 19.00 horas, polo que durante esa xornada non será posible circular por este tramo da estrada.

Co obxectivo de garantir a mobilidade e minimizar as incidencias no tráfico, os accesos alternativos realizaranse pola zona de Venecia e pola parte posterior de Boomerang. Tanto a circulación como o acceso aos aparcadoiros e aos establecementos comerciais da contorna deberán efectuarse por estas vías alternativas mentres duren os traballos.

Esta actuación permitirá mellorar o estado do firme e as condicións de circulación nunha zona que rexistra unha importante afluencia de vehículos ao longo de todo o ano.

Os traballos forman parte das actuacións de mellora das infraestruturas viarias promovidas polo Concello da Pobra do Caramiñal co financiamento da Deputación da Coruña.

Desde o Concello da Pobra do Caramiñal agradécese a comprensión e colaboración da veciñanza e das persoas usuarias da zona e pídeselles desculpas polas molestias que estas obras poidan ocasionar, lembrando que se trata dunha actuación necesaria para seguir mellorando os viarios municipais.

Outros artigos

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Este sábado celébrase a Festa de San Benito de Bergondo (Noia)

Este sábado 11 de xullo, a parroquia de Bergondo (Noia) vai celebrar a súa tradicional Festa de San Benito cunha programación pensada para todas as idades: sesión vermú, gastronomía, inchábeis con auga, festa da escuma e moita música ata ben entrada a noite. A festa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.