O CIFP Coroso celebrou o seu 50 aniversario cunha gala multitudinaria no Auditorio de Ribeira

28 Xuño 2026

O CIFP Coroso celebrou o seu medio século de andaina este sábado 27 e xuño cunha multitudinaria gala na que participaron máis de 400 persoas. A cita foi no Auditorio Municipal de Ribeira. O acto de celebración, no que se lembraron as orixes da escola de FP (no curso 1975-76, no antigo Mercado Municipal) foi conducido pola presentadora da Televisión de Galicia, Lucía Rodríguez, e arrincou coa intervención do director do centro educativo, Antonio Teira, que mostrou o seu “orgullo por poder estar aquí con todos os actores que confiamos nesta gran familia profesional”. Neste sentido, Teira tivo palabras de agradecemento para entidades públicas e privadas, así como para o profesorado e persoal traballador que pasaron polo CIFP Coroso durante este medio século de existencia.

O director realizou un breve repaso á historia do centro, que comezou a súa andaina “no primeiro andar da praza de abastos” para despois “ocupar as instalacións do ISM” e finalmente trasladarse ás súas propias instalacións. Antonio Teira puxo en valor estas cinco décadas de historia que nas que o centro soubo “adaptarse aos cambios constantes”, do mesmo xeito que deberá seguir facéndoo nos vindeiros anos.

Tras esta intervención, o centro educativo presentou a un percorrido polos seus 50 anos de historia a través da proxección dun vídeo conmemorativo. Nel participaron docentes, ex docentes, persoal laboral, empresarios e antigos alumnos da escola.

Finalizado o pase desta peza audiovisual, que conseguiu emocionar aos presentes, comezou o momento das homenaxes. E é que, ademais dunha reunión para a comunidade educativa, ex alumnado e antigo profesorado e persoal traballador do centro, a gala foi concibida tamén como un acto de recoñecemento ás persoas, empresas e institucións que fixeron posíbel o crecemento e a evolución do CIFP Coroso ao longo de toda a súa traxectoria.

Así, baixo o lema CIFP Coroso. 50 anos, miles de historias, o centro hoxe en día situado a carón da praia de Coroso entregou máis dunha trintena de galardóns divididos en oito categorías. Estas recoñeceron a excelencia profesional e o emprendemento empresarial do antigo alumnado; a promoción da FP e a inserción laboral en empresas e entidades da comarca; a traxectoria profesional do persoal docente e non docente, e o compromiso coa innovación no ámbito do ensino.

Por último, e como gran distinción da velada, homenaxeouse ás persoas pioneiras que impulsaron a creación da escola de Formación Profesional en Ribeira. Ademais, recoñeceuse o labor dos directores que formaron parte da historia do centro.

Durante o acto, interveu a directora xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, María Eugenia Pérez, quen destacou que esta gala non só serviu para “celebrar os 50 anos do pasado, senón de futuro, que foi o que fixo este centro: formar a xente para o mañá”. Amais, puxo en valor que “Coroso soubo reinventarse, pero sen perder a súa esencia, unha esencia que ten unha relación directa co modelo da FP galega que defendemos desde a Xunta”. Asi, lembrou que a relación directa coa empresa, unha formación pegada á realidade e adaptada aos cambios constantes da sociedade, marcan o tipo de ensino que fan da FP unha formación útil”.

O peche do acto correu a cargo da alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, quen mostrou a súa satisfacción por participar nunha cita que recoñece a excelente traxectoria do CIFP ao longo destas cinco décadas. “Estamos a falar de medio século de compromiso coa formación e co futuro”, afirmou, á vez que destacou o papel deste centro ribeirense como “un referente en FP”.

A rexedora agradeceu o traballo desenvolvido polo centro durante todos estes anos, xa que “conforman unha historia colectiva de Ribeira”. Ademais, realizou unha mención especial a “Pilar Otero, que foi a primeira e única muller directora deste centro”, da que puxo en valor o seu compromiso e vocación docente. María Sampedro concluíu a súa intervención augurando un prometedor futuro para o CIFP Coroso.

A velada finalizou cunha última sorpresa para todos os asistentes: a actuación do cantante Javi Maneiro, un dos antigos alumnos máis celebres do centro, acompañados polos docentes da escola Beatriz Martínez, Paula Moldes, José García e Toño Magariños.

Listaxe de persoas galardoadas na gala

Premio á excelencia profesional

Nerea Quintáns Pinazas, ex alumna e doutora no hospital Álvaro Cunqueiro

Ángel Pena Sampedro, ex alumno e xefe de mantemento de Alfrío

Miguel A. Teira Patiño, xefe de Estudos do CIFP Politécnico de Santiago de Compostela

Premio ao emprendemento empresarial

Enrique Rañó Ouviña, ex alumno e xerente de Rivelsa

Enrique Martínez Pérez, ex alumno e xerente de Frinorsa

Beatriz Enriquez Maneiro, ex alumna e xerente de Sonense de Electricidade

Premio á promoción da Formación Profesional

Asociación de Empresarios de Ribeira

SALICA – Grupo Albacora

JEALSA

Premio á inserción laboral

CONGALSA

Grupo Lijó

Climafrío

Premio á traxectoria profesional non docente

Ramona Rivas Pérez, secretaria do CIFP Coroso

Teresa Paisal Franco, secretaria xubilada do CIFP Coroso

Javier Queiro Fernández, ex conserxe do CIFP Coroso

Premio ao compromiso coa innovación

Martín Vidal Miranda, docente e xefe de Departamento de Vehículos do CIFP Coroso

Carlos Salvado Fernández, catedrático e docente do CIFP Coroso

Beatriz Mantínez Ruiz, doutora e docente do CIFP Coroso

Premio á traxectoria profesional docente

José M. Sampedro Fernández, docente xubilado do CIFP Coroso

Ramón Quintáns Vila, docente do CIFP Coroso

Ramón Pérez Martínez, docente do CIFP Coroso

Premio especial ao desenvolvemento da Formación Profesional en Ribeira

Pioneiros/as

Manuel Pérez García

José Alfonso Lijó Ageitos “Tacho”

José A. Ventoso Mariño

Pilar Otero Suárez

Domingo Paz Patiño

Manuel Martínez Rial

Jesús Pérez Besada

Gelasio López Rodríguez

Directores

José Alberto Lorenzo Álvarez

Eduardo García Mosconi

José Antonio Rendo Rodeiro

José Fernando Vázquez Miranda

Antonio M. Teira Rivas

Outros artigos

A Casa RIA celebra en Santiago o seu segundo aniversario

A sede da Casa RIA en Santiago acolleu este 1 de xullo pola tarde a celebración do segundo aniversario da materialización desta sede na rúa Virxe da Cerca, sede da Fundación RIA: entidade envorcada en reivindicar a tradición arquitectónica, produtiva, social, cultural...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...