O alumnado da Escola de Música de Rianxo celebra esta “finde” o seu Festival de Verán

17 Xuño 2026

Esta fin de semana vai ser intensa en canto a música se refire en Rianxo. En concreto, celebrarase o Festival de Verán da Escola de Música Municipal ao longo de tres xornadas: o venres 19, o sábado 20 e o domingo 21. As actuacións levaranse a cabo na Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal. Comezarán o venres 19 ás 20.30 horas coas aulas de piano, baixo eléctrico, combo infantil e canto. Proseguirán ás 11.30 horas do sábado 20 de xuño con actuacións das aulas de trompeta, percusión, violín, ensemble de cordas e aula de iniciación musical.

Os recitais proseguirán o sábado 20 pola tarde ás 18.30 horas co alumnado de fagot, óboe, saxofón, trombón, trompa, bombardino, clarinete e banda infantil.

As actuacións rematarán o domingo 21 ás 18.30 horas coas aulas de frauta, guitarra e violonchelo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.