O alcalde de Boiro puxo en valor a recuperación de equipamentos durante os encontros veciñais na parroquia do Castro

11 Xuño 2026

O alcalde, José Ramón Romero, e demais membros do Goberno local, estiveron esta semana na parroquia do Castro no marco dos encontros veciñais Un café co alcalde que se celebrou en dúas sesións, nos lugares de Esteiro e Cabo de Cruz.

Durante os encontros o alcalde e demais membros do goberno tomaron nota das principais demandas e suxestións formuladas pola veciñanza, deron resposta a aquelas cuestións formuladas. Ademais, explicaron as principais actuacións que se están a levar a cabo e aquelas outras que están en previsión de executarse.

Entre os proxectos máis destacados o alcalde puxo en valor a rehabilitación da Casa do Mar de Cabo de Cruz, un inmóbel no que se está actuando mediante unha subvención de fondos europeos para a súa adaptación a museo da conserva; e tamén as reparacións no Centro Social de Cabo de Cruz, que está a primeira fase das obras para a reparación da cuberta en fase de licitación.

Estes encontros teñen como finalidade ter un contacto máis directo coa veciñanza e darlles a oportunidade de que trasladen as súas peticións e demandas sen necesidade de ter que desprazarse ao Concello, complementando así as xuntanzas particulares que se manteñen con todos aqueles veciños que así o solicitan.

O último dos encontros desta volta será na parroquia de Lampón.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.