O alcalde de Boiro informa ás asociacións de xubilados dos proxectos do Concello para as persoas maiores

23 Xuño 2026

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, o tenente de alcalde, Luis Ruiz, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, mantiveron este martes 23 de xuño unha xuntanza con representantes das asociacións de xubilados do municipio para explicarlles os proxectos que o Concello de Boiro está a levar a cabo en materia de terceira idade.

Participaron na xuntanza representantes das xuntas directivas do Club de Pensionistas e Xubilados “Mar e Terra” de Cabo de Cruz; da Asociación de Xubilados e Pensionistas Aroña de Lampón; e da Plataforma para a Defensa dunha Residencia Pública da Terceira Idade O alcalde puxo no seu coñecemento que o Concello de Boiro ten a disposición nuns terreos públicos no Plan Parcial de Barraña, detrás do parque da Cachada. Trátase dunha finca dunhas dimensións de 5.670 metros cadrados ao lado dunha de 3.979 metros cadrados destinada a zona verde, ademais dun anteproxecto elaborado dende o ano 2022 para unha residencia de 150 prazas.

Ademais, o rexedor presentoulles o proxecto da residencia que AGADEA vai poñer en servizo no Saltiño cunha capacidade de 39 prazas. “Esta residencia”, dixo, “vai complementar o servizos de AGADEA Hábitat en praia Xardín, un centro de día e unhas vivendas de respiro familiar que se están a construír nun dos inmóbeis das antigas vivendas dos mestres”.

En praia Xardín estase a levar a cabo tamén, noutro dos bloques vaise construír, por parte da asociación inclusiva Ambar, unhas vivendas tuteladas; e tamén en praia Xardín o Concello de Boiro rehabilitou unha vivenda para destinar a emerxencia social.

Durante a xuntanza puxeron en valor as distintas accións e servizos que, dende o Concello de Boiro, se están a implementar en materia de maiores e terceira idade: “Temos un compromiso coas persoas maiores, e é que dispoñan de servizos de calidade e que poidan residir no seu concello, e esa vai ser a nosa prioridade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.