Noia celebra unha “finde” de diversidade con A Berberechiña (o sábado) e o espectáculo “Brokeback Sabucedo” (o domingo)

12 Xuño 2026

O Campo da Feira de Noia transformarase este sábado 13 de xuño nun espazo de encontro, música e convivencia coa celebración da primeira edición de A Berberechiña, a Festa da Diversidade, unha proposta que mestura gastronomía, actividades participativas e concertos gratuítos ao longo de toda a xornada.

A festa, que durará todo o día, arrancará pola mañá coa lectura do manifesto e continuará coa sesión vermú. Ao mediodía, o público poderá participar no maripicnic e na Festa da Tortilla, que nesta primeira edición terá carácter solidario en beneficio de Cruz Vermella Noia.

Xa pola tarde, o programa inclúe actividades infantís, baile, unha foliada aberta e un Maribingo musical, antes de dar paso ao tramo final da celebración.

A partir das 20:00 horas, o escenario acollerá os concertos de Jerry Noia Jukebox, Montedapena e Hydn. A programación musical comezará coa actuación do noiés Jerry Noia, que ofrecerá un repertorio de versións, nunha noite que converterá o Campo da Feira nun espazo de concertos ao aire libre.

A festa da diversidade en Noia prosegue ao día seguinte, domingo 14 de xuño, ás 20:30 horas, no Teatro Coliseo Noela, que acolle a representación de Brokeback Sabucedo, unha comedia dramática da compañía Sal do Teatro, protagonizada por Borja Salgado e Santiago Telmo, coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A entrada será libre ata completar aforo.

Desde o Concello animan á veciñanza a acudir con familia e amizades para desfrutar dunha xornada aberta e inclusiva na que todo o mundo é benvido.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.