Noia acolle o luns un obradoiro-contacontos en lingua de signos

12 Xuño 2026

A vindeira semana celebrarase en Noia un contacontos e obradoiro en lingua de signos para nenos e nenas.

O luns 15 de xuño, ás 17:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura Avilés de Taramancos será o escenario de Mans que contan, Mans que cantan, unha actividade para descubrir a lingua de signos a través dos contos, a música e o xogo.

A sesión estará dirixida por Tareixa Martínez, mediadora comunicativa e intérprete en lingua de signos, xunto con Aloia Balado.

Lugar: Casa da Cultura Avilés de Taramancos

Idades: de 6 a 10 anos

Prazas: 20

Inscricións a partir do venres 5 de xuño no correo bibliotecamunicipaldenoia@gmail.com, indicando o nome e idade do neno ou nena, os datos da persoa responsábel e un teléfono de contacto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.