Martes 16, brétemas costeiras e nubes e claros

15 Xuño 2026

A inestabilidade atmosférica continuará este martes nas Rías Baixas e en Santiago, cunha xornada marcada polas brétemas costeiras e polos intervalos de nubes e claros no interior.

As temperaturas non experimentarán cambios significativos ou mesmo rexistrarán un lixeiro descenso(26 a 29 graos), mentres que o vento soprará do norte, frouxo en xeral e moderado en Costa da Morte.

Nas Rías Baixas agárdanse brétemas nas primeiras horas e un ambiente máis incierto a medida que avance a xornada. Os chuvascos poderán aparecer de forma puntual, con maior probabilidade nas áreas do interior.

En Santiago e comarca alternarán nubes e claros, con tendencia a medrar a nubosidade pola tarde. Non se descartan treboadas illadas, especialmente nas contornas máis elevadas da comarca.

meteogalicia

O noso mar; Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 2 a 4 á mañá, 3 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.