Este venres comezan as Festas na Honra do Santón Antón (O Pazo, Rianxo)

03 Xuño 2026

Este venres comezan en Rianxo as Festas de San Antón do Pazo, que achegarán actividades culturais, gastronómicas, lúdicas e relixiosas ata o domingo 7 de xuño.

As celebracións arrincarán este venres 5 ao mediodía co estoupido dos primeiros foguetes. Pola noite haberá verbena no Campiño coa orquestra América SL, que actuará de forma continuada dende as 22.45 horas ata as 2.00 horas. Tamén actuará Chocolate Disco Móbil.

Ao día seguinte, sábado 6, haberá música tradicional galega co grupo de gaitas Buxaina, a partir das 10.30 horas, e logo unha sesión vermú con Leijte con Jalletas.

Na tarde do sábado haberá actividades para a rapazada nas leiras do Pereiro con Pazolandia, a partir das 17.00 horas.

Ás 19.00 celebrarase un percorrido polos sitios de costume do Pazo coa charanga. Ás 19.30 horas comezará a festa da escuma para a rapazada.

As 22.30 horas haberá verbena coa Charanga Furruxa, coa Banda de Nahs e con Metrópolis.

O domingo 7 comezará coas alboradas a cargo de Buxaina e logo ao mediodía celebrarase o tradicional paseo do Santo Antón, acompañado da banda de gaitas. Ás 13.00 horas arrincará a misa cantada polo dúo de Ana Isabel Bermo. Logo (ás 13.45) comezará unha sesión vermú con José Manuel (Abanico).

As festas están organizadas pola Comisión de Festas de San Antón de O´Pazo coa colaboración do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.