Este venres celébrase a Mostra da Escola de Teatro Airiños, nas Escolas Vellas de Asados

02 Xuño 2026

Este venres 5 de xuño, Airiños, a histórica compañía teatral de Asados (Rianxo) vai celebrar a Mostra de Teatro da Escola de Teatro Airiños, unha actividade enmarcada na edición 2026 das súas Veladas de Primavera, organizadas en colaboración co Concello de Rianxo, a Deputación da Coruña e a Asociación A Leoria.

A cita será nas Escolas Vellas da Atalaia, en Asados.

Participan:

Teatrinclis TV (os máis pequechos) – 20.00 h. Teatrinclis ofrecerá a peza Misterios Misteriosos, a partir das 20.00 horas.

Pataka Makabra (a mocidade) – 21.00 h. Pataka Makabra representará a peza A cambio de nada, a partir das 21.00 horas. A dramaturxia e a dirección corren a cargo de Amantia Coello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...