Este sábado celébrase en Boiro a Festa de Cimadevila

02 Xuño 2026

Este sábado 6 de xuño celébrase en Boiro a Festa de Cimadevila, no céntrico barrio boirense do mesmo nome.

Haberá música, xogos para a rapazada e gastronomía (con polbeiro durante boa parte da xornada).

A festa comezará cunha sesión vermú entre as 13 e as 15.00 horas, a cargo de Mar Davila.

Logo virán as actividades para rapazada a partir (ata as 19.00 horas), con inchábeis e unha festa da escuma (sobre as 17.00 horas).

Ao serán está previsto un novo concerto, desta volta a cargo de Lumieira (a partir das 20.00 horas).

Pola noite ás 21.30 horas haberá verbena a cargo de Mar Davila.

Trala medioanoite será a quenda dos DJ Curi e Xacobo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...