Este martes 23 comezan en Cabo de Cruz as Festas de San Xoán do Castro (ata o venres 26)

23 Xuño 2026

Comezou a conta atrás para as Festas de San Xoán do Castro (na parroquia de Santa María do Castro, Cabo de Cruz, Boiro), que se celebran na noite deste martes 23 de xuño ao mércores 24, día de San Xoán, e tamén os días vindeiros (mércores, xoves e venres, 24, 25 e 26 de xuño).

Haberá actividades festeiras e relixiosas, como sendo tradición.

Na noite deste martes 23 actuarán a partir das 23.00 horas Matrek, Anxo Silva, ManuX e Fagas. As actuacións musicais serán de entrada libre no Castro de Cabo de Cruz.

O mércores as actividades comezarán a partir das 12.30 horas cunha misa solemne e unha procesión polo Santísimo Sacramento, cos gaiteiros Ar de Loureda. A partir das 13.00 horas haberá polbeiro na carpa da Abadía de San Enrique e sesión vermú a cargo de Rumbo Norte, que tamén actuará pola noite na verbena.

O xoves 25 haberá misa solemne e procesión pola Virxe de Lourdes, cos gaiteiros de Ar de Loureda.

O venres 26 de xuño haberá misa solemne e procesión por San Roque, cos gaiteiros Ar de Loureda. Farase baixo carpa. Contarase coa presenza do polbeiro Arenteiro do Carballiño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.