Este luns celébrase no Pazo de Goiáns a XX edición do Agasallo a Luís Seoane, que homenaxea a Manuel Lourenzo

01 Xuño 2026

O Pazo de Goiáns vai acoller este luns 1 de xuño polo serán a XX edición do Agasallo a Luís Seoane, organizado pola Fundación Alcalde Varela xunto con Barbantia e o Concello de Boiro.

O XX Agasallo a Luis Seoane celebrarase ás 19.00 horas no Pazo de Goiáns, coincidindo coa data de nacemento do artista e intelectual galego (Buenos Aires, 1910 – A Coruña, 1979). Forma parte dunha iniciativa promovida dende o 2007 por Rosa Espiñeira Pan, conservadora, documentalista e investigadora a súa obra plástica e literaria.

Esta edición estará vinculada a unha homenaxe a Manuel Lourenzo, dramaturgo e actor fundamental da cultura galega contemporánea. O programa incluirá un recital de catro poemas a Luís Seoane, seleccionados polo propio Manuel Lourenzo, que será interpretado pola actor Xosé Manuel Esperante.

Como parte simbólica da celebración, realizarase unha plantación de tres plantas de ruda e un allo verde, en lembranza do libro de lendas de Luis Seoane Tres hojas de ruda y un ajo verde.

Fundación Alcalde Varela

A Fundación Alcalde Varela nace coa vontade de preservar a memoria artística custodiada no Pazo de Fonteneixe e dar continuidade ao legado cultural e humano de Salvador Alcalde e Loly Varela, que ao longo das súas vidas apoiaron e acompañaron a destacados artistas galegos como Luís Seoane, Laxeiro ou Colmeiro. Dende Boiro e a comarca do Barbanza, a fundación impulsa iniciativas culturais orientadas á promoción do patrimonio artístico, á creación contemporánea e ao fortalecemento da identidade cultural galega.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.