En Ribeira, participantes do Programa de Dinamización e Promoción Social das Persoas Maiores despediron o curso cunha viaxe a Padrón

22 Xuño 2026

O Programa de Dinamización e Promoción Social das Persoas Maiores do Concello de Ribeira despediu na fin de semana o curso 2025-2026 cunha viaxe cultual a Padrón, na que tomaron parte unhas 60 persoas. O itinerario incluíu unha visita guiada á Casa Museo Rosalía de Castro, onde tiveron a oportunidade de coñecer a historia rosaliana na Casa da Matanza na compaña do presidente da Fundación, Anxo Angueira, e do músico, Xabier Díaz.

Tamén se achegaron ao legado doutra figura literaria como é Camilo José Cela, achegándose ata a institución que leva o seu nome para observar obxectos gráficos, literarios e pictóricos que atesoura esta fundación na honra do Premio Nobel.

Esta estadía rematou cunha recepción na Casa Consistorial da man do alcalde desta localidade, Anxo Arca.

Con relación a este programa, o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, explicou que “dende o Concello de Ribeira temos un forte compromiso con promover o envellecemento activo con numerosos cursos que se desenvolven tanto na cidade como nas parroquias, co obxectivo de incentivar o deporte, pero tamén aprender sobre temas que lles resulta de interese á nosa cidadanía. Esta viaxe de fin de curso serviu para poñer o broche de outro a unha nova
edición do programa, dar e benvida ao verán como merecen despois de todo canto traballaron durante o inverno e agardar a que comecen as clases en outubro”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.