En Ribeira, o BNG solicita elaborar un proxecto para o arranxo da rúa Sorribas

09 Xuño 2026

O BNG de Ribeira presentou unha proposta co obxectivo de impulsar unha actuación de mellora na rúa Sorribas, atendendo así de forma directa ás demandas transmitidas polos veciños e veciñas da zona. A formación nacionalista aposta por “realizar una actuación que remate co deterioro que sofre este espazo logo de décadas de falta de mantemento continuado, unha situación que dificulta a mobilidade e xera inconvenientes diarios tanto para os peóns como para o tráfico rodado”.

O exalcalde e portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, e a concelleira Antía Alberte que estiveron na zona propoñen a realización dunha valoración técnica para, a continuación, proceder á renovación completa do firme e á eliminación definitiva das fochancas.

Do mesmo xeito, a proposta inclúe a necesidade de reforzar de maneira inmediata a limpeza viaria cun mantemento frecuente e axeitado que evite a acumulación de residuos, garantindo un espazo público limpo e seguro. “Esta nova actuación daría continuidade ao traballo ás propostas que facemos ou que deixamos planificadas para outras zonas do centro urbano, como as rúas Barreira ou a avenida de Ferrol”.

Dende o BNG sinalan que “as carencias actuais non xorden dun día para outro, senón que son consecuencia de moitos anos nos que o Partido Popular deixaron insuficientemente dotadas as partidas de conservación para destinar os recursos a grandes obras”. Opinan que “esta tendencia comezou a reverterse co goberno encabezado por Luís Pérez Barral, un período de dous anos e medio no que se incrementaron progresivamente os investimentos en pavimentación e seguridade viaria, e grazas a esa xestión fomos capaces de investir máis de 5 millóns e medio de euros nas parroquias para ampliar servizos básicos e deixáronse consignados outro millón e medio de euros para actuacións que se desenvolven ao longo deste ano 2026”.

Na súa visita á rúa Sorribas sinalaron que a mellora proxectada para a rúa Sorribas súmase a outras intervencións deseñadas polo goberno de Pérez Barral como as pavimentacións xa ralizadas nas rúas Rodríguez Bautista (Ribeira), Castelao (Aguiño), Muíños (Oleiros) Revolta e Fonteseca (Castiñeiras), ás que se unirán proximamente os traballos previstos en Buenos Aires (Corrubedo) e Agriña (Palmeira)”.

Pérez Barral engadiu que “gobernar é escoitar e actuar pensando nas prioridades da xente. O obxectivo prioritario do BNG segue a ser investir na xente con sentido común, atendendo as demandas directas da veciñanza e traballando sempre en positivo para seguir construíndo esa Ribeira en grande”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.