En Ribeira, o BNG apoia ao persoal da alimentación na súa xornada de folga por un convenio digno

23 Xuño 2026

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira participou este martes 23 de xuño na xornada de apoio ás traballadoras e traballadores do comercio de alimentación da provincia da Coruña, que están a desenvolver unha folga para reclamar un convenio colectivo digno, con melloras salariais e laborais.

O exalcalde e portavoz Luís Pérez Barral, as concelleiras Cruz Rivadulla, Antía Alberte e o responsábel local do BNG Rafa Pazos mostráronlles o apoio da formación nacionalista ás empregadas e empregados dos supermercados que están a mobilizarse para defender unhas condicións de traballo xustas, nun conflito que afecta no noso concello a arredor de 200 persoas.

Luís Pérez Barral subliñou que as traballadoras e traballadores da alimentación están a defender “algo tan básico como poder vivir con dignidade do seu traballo”. Pérez Barral lembrou ademais que “falamos dun sector esencial, como quedou demostrado durante a pandemia, cando estas traballadoras estiveron na primeira liña garantindo o abastecemento e permitindo que a actividade alimentaria non se detivese”.

Desde o BNG consideran que “as reivindicacións do persoal son xustas” e “pasan por mellorar uns salarios” que, segundo denuncian as organizacións sindicais, “están arredor dos 1.100 euros mensuais a xornada completa”, ademais de reducir a carga laboral, avanzar na conciliación e mellorar os horarios, as licenzas e os descansos.

“Non é de recibo que un sector tan importante para a economía e que ten beneficios continúe instalado na precariedade. Estas traballadoras sosteñen unha parte esencial da cadea económica e comercial do noso concello e, por tanto, merecen un convenio que recoñeza o seu esforzo e a súa responsabilidade”, afirmou o portavoz nacionalista.

Pérez Barral fixo tamén un recoñecemento expreso ao labor que realizan día tras día as traballadoras dos supermercados, “facendo posible que os nosos establecementos teñan todos os produtos á disposición da veciñanza, moitas veces en condicións de enorme presión e cunha carga de traballo moi elevada, especialmente agora no verán co aumento da poboación do turismo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.