En Ribeira, a Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero acorda incrementar os puntos violeta nas celebracións do verán

24 Xuño 2026

O Concello de Ribeira convocou para o pasado 22 de xuño a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, presidida pola alcaldesa, María Sampedro, e o director xeral contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, na que tamén participaron outros cargos institucionais e representantes do ámbito social, sanitario, policial e xurídico. Esta mesa eríxese como unha ferramenta de traballo onde están diferentes axentes implicados na prevención e atención ás vítimas de violencia para así deseñar liñas estratéxicas para a loita contra este problema social e crear conciencia entre a cidadanía ao respecto.

Para a rexedora, “na loita contra a violencia de xénero é esencial a colaboración institucional e a implicación dos axentes de diferentes áreas para seguir avanzando cara unha sociedade máis igualitaria. Estamos falando de xustiza social. Mellorar o noso presente repercute no noso futuro”.

Durante o encontro, déronse a coñecer diversas medidas como as charlas á hostalaría para actuar fronte a situacións de violencia de xénero, os puntos violetas operativos durante o 2026 e os obradoiros de prevención da violencia de xénero nos centros de ensino. De feito, o San Xoán de Palmeira conta por primeira vez con punto violeta. Actualizáronse, así mesmo, a guía de recursos e o protocolo de derivación a proposta do Centro de Información á Muller (CIM) e coa implicación de tódolos axentes. Finalmente, a Mesa puxo de manifesto o descenso de casos motivado por derivar o procedemento aos xulgados de Santiago e como se dificulta todo o proceso de denuncia.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.