En marcha as obras de rehabilitación do Museo do Mar de Rianxo

04 Xuño 2026

O Concello de Rianxo, a través do seu alcalde Julián Bustelo, informou do comezo das obras de rehabilitación do Museo do Mar.

A actuación, licitada pola Mancomunidade Barbanza Arousa, forma parte da execución do Plan de Sostibilidade Turística Barbanza Arousa, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea – Nextgeneration UE e conta cun orzamento de 250.000€.

O rexedor sinalou que “a sociedade rianxeira cambiou moito nos últimos anos, mais a nosa identidade segue sendo netamente mariñeira. O noso Museo do Mar está chamado a ser un referente na transmisión ás xeracións futuras da nosa cultura e da nosa historia, unha historia na que o mar foi determinante”.

Bustelo destacou a importancia das obras que se están a desenvolver “nun museo que recibe cada ano centos de visitantes e no que non se volveu a intervir dende a súa apertura fai máis de 20 anos”.

Como lembraremos, o Museo do Mar sitúase nun edificio histórico da vila rianxeira, a Casa do Coxo. Consta de tres andares (soto, baixo e primeiro andar) nos que se abordan a actividade extractiva, as embarcacións tradicionais no seu quefacer socioeconómico e a construción das mesmas. No primeiro andar sitúase unha sala dedicada á recreación de embarcacións a través de maquetas, como era o seu proceso construtivo, o deseño, as ferramentas que empregaban e os distintos sistemas de propulsión. Acolle tamén este primeiro andar unha pequena biblioteca temática sobre o mar e a cultura marítima tradicional. O baixo acolle unha sala expositiva que achega a realidade do mar como camiño de comunicación. O soto recrea un taller tradicional de pequenas embarcacións.

O Museo do Mar, ademais da visita independente no seu horario de funcionamento, atende visitas guiadas e auto-guiadas, tanto para grupos organizados como para escolares ou visitantes individuais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.