Domingo, sol e temperaturas en ascenso

20 Xuño 2026

A xornada do domingo 21, primeiro día do verán, estará marcada pola influencia das altas presións, aínda que unha masa de aire moi cálido procedente de latitudes baixas e a presenza de aire frío en altura favorecerán certa inestabilidade atmosférica.

Comezaremos o día con brétemas costeiras e néboas en zonas do interior, que se irán disipando co paso das horas para deixar ceos maiormente despexados, con presenza de nubes medias e altas. Pola tarde medrarán nubes de evolución no interior, con posibilidade de chuvascos illados e localmente treboentos.

As temperaturas experimentarán un moderado ascenso, con valores que poderán superar os 34 graos Os ventos soprará, en xeral, frouxos de compoñente norte.

meteogalicia

O noso mar: Vento do noroeste á mañá e á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá, 1 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 0.5 metros.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.