“Contra a desinformación, formación!”. Antón Luaces

06 Xuño 2026

Formarse é a resposta axeitada á indiscutida carencia de información que a todos nos afecta na sociedade actual. E digo carencia de información cando moi posiblemente debera dicir desinformación (que semella ser o mesmo e, no meu criterio particular, só teñen un parecido) á vista do que acontece acotío especialmente en áreas tan convulsas como son (entre outras) a política, a xustiza e a comunicación.

Son estes os tres paus da baralla informativa que tanto se necesita -ou coido que precisamos- neste país que soubo coma poucos deixar atrás os moi duros tempos da ditadura franquista e que, en só un par de lexislaturas, botamos por terra após ter acadado algo que, aparentemente, gañamos cada día mantendo unha conduta seria, responsable e quen de situarnos entre as democracias máis significadas do planeta. Fomos un exemplo para o mundo,  e na actualidade, unha mostra do que non debe ser unha nación que se prece da súa secular historia: a política española arrastra un pesadísimo lastre herdado de 40 anos de “arriba España!”, reconvertida por arte dun revisionismo obtuso no que nos levou á deriva en 12 anos lamacentos de GAL, trío dos Azores, policía patriótica, Kitchen, Koldos, etc., opara irmos directos á miseria de políticos vendepatrias que con diñeiro público foron quen de comprar mesmo as conciencias encargadas teóricamente de velar polo cumprimento de canto prescribe a Constitución española, norma suprema do ordenamento xurídico español e que nos fixo perder a credibilidade nos medios de comunicación, fonte básica da información que agora botamos en falta.

Ben pouco nos durou aquela concepción!.

As leas políticas non se solucionan hoxe en día nun ambiente de comprensión xerado na Casa das Verbas (Parlamento) xa que é trasladado á rúa vítima da desinformación, o insulto, a acusación sen fundamento e o pseudoxornalismo.

É necesaria unha reforma que conduza á eliminación da desinformación. En conciencia e coa experiencia do pouco ou nada que serviron os cantos cara ao sol e as bandeiras ao vento daquela España cuxo ceo estaba cuberto de águias.

Outros artigos

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...