Continúan as clausuras dos distintos obradoiros dirixidos ás persoas maiores promovidos polo Concello de Ribeira

17 Xuño 2026

Chega o verán e toca despedir ata o vindeiros curso as clases do programa de dinamización e promoción social das persoas maiores promovido polo Concello de Ribeira. Este mércores 17 de xuño chegou ao seu remate a segunda edición do obradoiro de inglés que conta con preto de medio cento de participantes diferenciados nos niveis de iniciación e perfeccionamento impartidos por profesorado nativo.

O concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, achegouse ata o Centro Cultural Lustres Rivas para saudar ao alumnado e desexarlles unhas boas vacacións á espera de que comece un novo curso no mes de outubro. Con relación a estas clases, o edil destacou a “a incorporación de alumnado masculino a este obradoiro que é dos máis recentes do programa de dinamización e promoción social das persoas maiores, pois esta é a segunda edición. Nunca é tarde para aprender e, por iso, quixemos diversificar a oferta educativa ao abeiro deste programa que impulsamos dende a Concellería de Servizos Sociais”.

A maiores, na tarde de onte, 16 de xuño, clausuráronse algúns dos obradoiros que se desenvolven na parroquia de Aguiño, onde hai enriquecemento educativo, memoria, taek-health, artes plásticas… “Esta é a parroquia con maior implicación nas actividades dirixidas a persoas maiores”, apuntou o edil. O acto desenvolveuse na casa do mar da parroquia e centrouse nunha serie de regueifas nas que foron traballando durante o período académico. Ata alí desprazáronse a alcaldesa, María Sampedro, e os edís Vicente Mariño e Fernando Abraldes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.