O Concello de Boiro leva a cabo obras de pavimentado no lugar da Armada. Esta actuación está incluída no proxecto de renovación de pavimentos en núcleos rurais, entre os que tamén están os pavimentos no Boiro de Arriba, na Aspra, En Cubeliños, en Pazos de Coroño e no Saltiño.
Trátanse de actuación en tramos de camiños públicos municipais que presentan un avanzado estado de deterioro agravado durante a época de choivas e que precisan da mellora do firme para garantir o acceso da veciñanza ás súas vivendas.
A totalidade das actuacións ascende aos 153.206 euros, para o que se conta con financiamento da Deputación da Coruña a través do Plan Único Concellos (POS+).



