Compromiso Outes acusa ao goberno local de renunciar á bancada da Casa da Cultura para asumir un novo préstamo

27 Xuño 2026

O grupo municipal de Compromiso Outes (CO) denunciou a decisión do goberno local de renunciar ao proxecto da bancada da Casa da Cultura, unha actuación que contaba cunha subvención da Xunta de Galicia que financiaba o 70 % do investimento e que estaba prevista en terreos de titularidade pública.

A portavoz da formación, Alba Quintela, criticou que o executivo municipal, integrado polo PP e o concelleiro tránsfuga, optase por solicitar un préstamo á Xunta para adquirir dúas parcelas privadas na avenida de San Campio, onde prevé construír unha nova praza e un aparcadoiro.

Segundo explicou Compromiso Outes, a cuestión foi abordada no último pleno ordinario, no que o grupo da oposición pediu explicacións sobre unha decisión que considera prexudicial para as arcas municipais.

“Resulta inexplicable que o goberno descarte un proxecto que xa tiña o financiamento maioritario garantido e que non requiría investir na compra de solo, para preferir endebedar ao Concello cun crédito destinado á adquisición de terreos privados”, afirmou Alba Quintela.

A formación sostén que esta decisión evidencia unha falta de planificación e de criterio á hora de establecer prioridades para o municipio. Neste sentido, sinala que, ano e medio despois da moción de censura, continúan pendentes actuacións consideradas estratéxicas.

Como exemplo, Compromiso Outes cita a situación da praza do Concello, que continúa pechada ao público e sen rematar, unha circunstancia que atribúe á incapacidade do executivo para concluír as obras e poñelas a disposición da veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.