Comezan as obras de renovación do parque infantil da rúa Castelao, en Aguiño

02 Xuño 2026

O Concello de Ribeira inicia as obras de renovación do parque infantil da rúa Castelao, en Aguiño, coa finalidade de crear un espazo de ocio infantil que dea resposta ás necesidades actuais da rapazada da parroquia. Ata alí desprazáronse a concelleira de Obras, Herminia Pouso, e o seu homólogo de Servizos Sociais, Vicente Mariño, para comprobar o arranque desta actuación.

Explicaron que a intervención supón a retirada dos actuais elementos de xogo para crear unha nova superficie lixeiramente máis ampla, na que se colocará un equipo combinado con capacidade para uns 36 nenos e nenas (dotado de tobogán, plataformas e zonas de rube), unha randeeira dobre, dous resortes con figuras de animais e un balancín tipo carrusel.

A maiores, dotarase de pavimento de caucho continuo, se ben manterase o valado perimetral actual ao ser colocado recentemente.

Os traballos son executados pola empresa Urbanismo Técnico Sostenible, S.L. por un importe de 86.887,84 euros, IVE incluído, dentro do POS+2025, nun prazo de tres meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...