Comeza o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V do Concello de Boiro con especialidades en forestal e carpintería

12 Xuño 2026

O Concello de Boiro leva a cabo, durante o curso 2026/2027, a quinta edición do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V destinado a 20 alumnos/as nas modalidades de forestal e carpintería. O alcalde, José Ramón Romero; o concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo; e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Do Campo, participaron este venres 12 de xuño no acto de apertura.

A formación está dividida en dúas especialidades con 10 alumnos/as en cada unha; por un lado Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e, por outro, Instalación de elementos de carpintería. O alumnado contará cun contrato de traballo para formación e aprendizaxe a tempo completo de 40 horas semanais cun horario de 7.30 a 15.30 horas de luns a venres.

As persoas participantes formaranse de xeito teórico e tamén práctico realizando tarefas de prevención en materia de incendios mediante a consolidación de frondosas e limpeza de faixas secundarias; tamén traballos de conservación de valorización do Camiño A Orixe; integración de elementos de madeira no Pazo de Goiáns; mellora da sinalización do Camiño A Orixe; mellora e creación de pasarelas en Barraña, Carragueiros e Mañóns e mellora das instalación dos elementos de carpintería nos Centros Sociais do concello.

Para levar a cabo o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V o Concello de Boiro recibe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia unha subvención por importe de 467.052,00 euros.

Belén do Campo: “Esta é unha oportunidade real para mellorar a empregabilidade”

Durante o acto de inicio do obradoiro de formación, a delegada da Xunta, Belén do Campo, destacou que este obradoiro supón “unha oportunidade real para mellorar a empregabilidade e adquirir experiencia profesional nun entorno de traballo real”, ao tempo que lembrou que os participantes recibirán formación teórica e práctica, estarán contratados mediante un contrato para a formación e obterán un certificado de profesionalidade con validez en todo o territorio nacional.

A Xunta destina a esta edición un investimento total de 467.000 euros, dos que case 34.000 euros están reservados para 7 incentivos á contratación por parte das empresas e do Concello unha vez finalizada a formación.

A representante do Goberno galego aproveitou a ocasión para poñer en valor o alcance dos programas de emprego e formación en toda Galicia. Neste sentido, sinalou que “este ano se aprobaran un cento de obradoiros de emprego cun investimento global de 48,1 millóns de euros para formar a preto de 2.000 persoas desempregadas”.

Na provincia da Coruña xa están aprobados 20 obradoiros de emprego, cun investimento próximo aos 10 millóns de euros, que benefician a arredor de 400 alumnos e alumnas. Na comarca do Barbanza, están aprobados catro programas en Boiro, Noia-Lousame-Outes, Muros e Ribeira con Porto do Son, cunhas achegas de preto de 2 millóns de euros e ofrecen formación a 80 persoas sen emprego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.