Cinco grupos daranse cita no noveno festival de música tradicional Son’s de Aguiño

16 Xuño 2026

A música tradicional continúa sendo a protagonista de distintas citas culturais en Ribeira. A Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño, coa colaboración do Concello, promove a novena edición do festival de música tradicional Son’s que se desenvolverá no sábado, 27 de xuño, ás 21.30 horas, no parque da Tasca e na Casa da Cultura.

Aquí cinco grupos musicais amosarán o seu talento: o Grupo de Canto e Percusión As Sete Linguas, o Grupo de Pandeireta Bailadela, o Grupo da A. F. Chorimas de Queiruga, o Grupo Tradicional Os Liantes de Artes e a Banda Lorelia, coñecida orixinalmente como Paracetafolk.

Na presentación estiveron presentes a concelleira de Cultura, Ana Barreiro; o vicepresidente da AFLM, Unai González; Ramona Sampedro, directiva da mesma e pandeireteira de As Sete Linguas; e Manola Valiño, profesora deste grupo.

“Temos unha nova cita co noso folclore que se levará, nesta ocasión, a unha das nosas parroquias, descentralizando así tamén a actividade cultural do centro neurálxico do municipio. Este festival xa está consolidado do calendario municipal e eríxese como un escaparate do talento das nosas agrupacións de música tradicional, así como doutras da nosa contorna. Quero agradecer aquí tamén o dinamismo do noso tecido asociativo e o establecemento de sinerxías coa Administración local”, en palabras da edil.

As persoas asistentes poderán desfrutar das melodías das referidas agrupacións, así como da foliada libre que haberá ao remate.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.