Catro persoas resultaron afectadas por un incendio nun garaxe en Cambados

13 Xuño 2026

Ademais, dous efectivos de extinción foron atendidos in situ por golpes de calor e queimaduras leves. Varias chamadas ao 112 Galicia pouco antes das catro desta tarde alertaron dun incendio nunha vivenda situada en Tragove, Cambados.

Todos os alertadores coincidían en que había persoas no interior que poderían necesitar asistencia. Así, ademais dos Bombeiros de Ribadumia e dos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Cambados, os xestores do 112 avisaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Finalmente, tiveron que trasladar a catro veciños afectados e atenderon no mesmo lugar dos feitos a dous membros de emerxencias por golpes de calor e queimaduras leves.

En canto aos danos materiais, o garaxe ardeu por completo. No interior había dous vehículos, unha caldeira e un camping gas, que estoupou.Cómpre indicar que no operativo tamén colaboraron os axentes da Policía Local.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.