Boiro rende homenaxe ao mexillón cunha nova glorieta e unha escultura de Tucho Abalo

13 Xuño 2026

O Concello de Boiro inaugurou este venres 12 de xuño polo serán unha nova glorieta na avenida da Constitución, no entronque coa rúa Salvador Allende, que rende homenaxe ao produto estrela da ría: o mexillón. O alcalde, José Ramón Romero, participou na inauguración da peza xunto co seu creador, Tucho Abalo.

O Corazón da Ría é unha obra escultórica realizada a base de ferro e materiais reciclados que conta de dezaseis elementos individuais en forma de cuncha de mexillón distribuídos de forma que semellan unha gran flor, xunto cunha peza central de dous mexillóns fusionados en forma de corazón simbolizando unha letra B.

Trátase dunha obra do escultor boirense Tucho Abalo realizada con materiais recollidos das praias da contorna en xornadas de limpeza voluntaria: un manifesto de Upcycling.art, arte medioambiental que transforma residuos mariños nun activo de valor incalculábel.

O conxunto engloba tres piares que nos definen como pobo e que son a B de Boiro; o corazón, símbolo de amor pola nosa terra; e o mexillón, motor económico e cultural da nosa ría. “Con esta pequena homenaxe feita escultura o que queremos é reflectir o traballo de madrugadas no mar, de sacrificio, de innovación e tamén de compromiso co noso entorno”, recoñeceu o alcalde, José Ramón Romero.

A nova glorieta, engadiu, “é o resultado dunha obra de humanización e mellora da seguridade viaria nun tramo da avenida da Constitución mediante a que se construíron unhas beirarrúas de soleira de formigón e carril bici nunha zona de abundante tránsito peonil pola proximidade dos centros de ensino”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.