Bealo celebra este domingo pola tarde a súa Muiñada

02 Xuño 2026

O Barbanza é xa este mes de xuño un fervedoiro de celebracións, moitas delas co engadido extra de reivindicar o pasado e a tradición e achegar un punto de renovación e de contacto directo coas novas xeracións. É o caso da Muiñada de Bealo, que se celebra este domingo 7 de xuño a partir das 17.00 horas. O programa inclúe un faladoiro, unha proxección audiovisual, un roteiro e unha visita ao muíño e actuacións musicais (Nunca é Tarde e Misto e Ghasolino DJs). Tamén haberá unha exposición con fotos antigas da parroquia e da contorna e apeiros tradicionais de labranza e de traballos no mar. Ademais, haberá unha merenda popular co que traian as persoas asistentes. Organiza a veciñanza de Bealo en colaboración co Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...