Barbanza Arousa participa no VIII Encontro de Xestores de Destinos Turísticos Intelixentes

03 Xuño 2026

O destino Barbanza Arousa, formado polos concellos de Rianxo, A Pobra, Ribeira e Boiro, atópase participando no VIII Encontro de Xestores de Destinos Turísticos Intelixentes en Vitoria-Gasteiz.

Este evento, impulsado pola Secretaría de Estado de Turismo, a través de SEGITTUR, reúne a 150 xestores de preto de un centenar de destinos de toda España comprometidos co traballo nos eixos de gobernanza, innovación, tecnoloxía, accesibilidade e sustentabilidade para intercambiar experiencias, establecer sinerxías.

Esta participación forma parte da estratexia da Mancomunidade de mellora continua e de impulso da calidade e de consolidación dun modelo turístico máis competitivo, sostíbel, comprometido coas persoas e adaptado ás novas tendencias da demanda. Supón “unha oportunidade tamén para potenciar a proxección do destino, a identificación de novas oportunidades e o establecemento de sinerxías”, explicaron dende a Mancomunidade, engadindo que este evento “consolídase como un dos principais referentes de intercambio de coñecemento e cooperación entre destinos turísticos intelixentes”.

O destino Barbanza Arousa incorpórase á Rede DTI en outubro 2021 e realiza no verán de 2024 o Informe Diagnóstico e liñas estratéxicas para a súa transformación en Destino Turístico Intelixente. É un destino pioneiro en Galicia en implantar este diagnóstico.

Así mesmo, é un ente xestor turístico que traballa de forma coordinada co sector turístico privado e referente en destino de calidade turística, traballando co SICTED desde 2023 reunindo na actualidade a 69 servizos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.