Avanzan as obras do Museo da Conserva de Boiro, da man da Mancomunidade Barbanza Arousa

17 Xuño 2026

As obras de restauración e acondicionamento da antiga Casa do Mar de Cabo de Cruz que converterán o inmóbel no Museo da Conserva encaran a recta final. O proxecto nace ao abeiro do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSDT) Viaxe a través da historia dos sabores, que lidera a Mancomunidade Barbanza Arousa, co fin de consolidar a comarca como destino enogastronómico diferenciado, de calidade e desestacionalizado.

A reforma do edificio inclúe, entre outras cousas, o acondicionamento da fachada, a substitución da carpintería exterior, a instalación dun ascensor e a construción de escaleiras interiores e de aseos adaptados.

A Mancomunidade explica que “o proxecto de posta en valor sustentábel do edificio chamado a ser un museo-centro de interpretación da industria conserveira, identitaria da zona, complementarase coa creación de contidos interpretativos dixitais, para facilitar a información e acceso do visitante ao recurso turístico”.

A xerente da Mancomunidade, Fátima Cachafeiro, subliñou que “o Museo da Conserva será unha peza clave do relato turístico de Barbanza Arousa, facilitando que os visitantes descubran como a pesca, a salgadura e a conserva forman parte da nosa historia”.

Destacou tamén que “esta actuación, no conxunto das accións que estamos a desenvolver no marco do plan de sustentabilidade turística, permítenos ofrecer unha experiencia única e diferenciada vinculada á historia dos nosos sabores na que combinamos patrimonio industrial, enogastronomía e paisaxe”.

Un pouco de historia

Dende Barbanza Arousa lembran que foi a finais do século XIX, arredor de 1880, cando as fábricas galegas de salgadura, entre elas as do norte da ría de Arousa, dan paso ás das conservas herméticas, un chanzo cara o progreso dos negocios marítimos cataláns aos que, pouco a pouco, foron incorporándose familias locais e no ecuador do XIX-XX tamén outras de orixe portugués e castelá.

“Pesca, salgadura e conserva debuxan un itinerario socio-económico e tamén gastronómico que define a Barbanza Arousa, unha identidade que se mantén no tempo e que se quere aproveitar como reclamo turístico”, sinalan dende a Mancomunidade, engadindo que “a suma de enogastronomía (vencellada aos produtos do mar e caldos da IXP Barbanza e Iria), patrimonio industrial e paisaxe alicerzan un relato holístico para atraer visitantes durante todo o ano”.

O Museo da Conserva de Boiro, máis o Museo-centro de interpretación da Salgadura de O Touro (Ribeira), o novo espazo enogastronómico do Museo do Mar de Rianxo, unido á plataforma dixital que visibilizará, sobre os vestixios das antigas plantas de salgadura, a historia do antigo Barrio dos Cataláns de A Pobra do Caramiñal, conformarán o destino turístico Barbanza Arousa.

A rehabilitación construtiva e a creación de contidos dixitais deste novo equipamento son accións incluídas no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSDT) Viaxe a través da historia dos sabores, que promove a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado por fondos Next Generation da UE. Unha dobre acción orzamentada en 250.000 euros.

Outros artigos

Ribeira prepárase para unha nova edición do IV Ciclo da USC

O Concello de Ribeira mantén aberto o prazo de matrícula da IV Ciclo da USC ata o 24 de xullo; unha acción formativa dirixida a alumnado maior de 50 anos, tal e como indicou a concelleira de Educación, Nucha Brión. Segundo manifesta a edil, "nunca é tarde para seguir...

+

Este domingo 12 celébrase a XII Carreira pola Diversidade de Ambar

Este domingo 12 de xullo, terá lugar a celebración da Carreira pola Diversidade dende as 10h na explanada de Coroso (Ribeira), tras o aprazamento da data inicial no mes de maio. A gran novidade desta edición é o enfoque cara a unha "experiencia transformadora". Ambar...

+

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Este sábado celébrase a Festa de San Benito de Bergondo (Noia)

Este sábado 11 de xullo, a parroquia de Bergondo (Noia) vai celebrar a súa tradicional Festa de San Benito cunha programación pensada para todas as idades: sesión vermú, gastronomía, inchábeis con auga, festa da escuma e moita música ata ben entrada a noite. A festa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.