Ateneos de Galicia renden homenaxe a Otero Pedrayo en Trasalba

20 Xuño 2026

A Federación de Ateneos de Galicia celebrou este sábado en Trasalba unha homenaxe a Ramón Otero Pedrayo cun programa que reuniu a representantes de distintos ateneos do país e arredor de 120 participantes.

O acto desenvolveuse na Casa Grande de Cimadevila, no Pazo-Museo Otero Pedrayo, e contou cunha recepción inicial coa Banda de Música de Amoeiro, ademais de saúdos institucionais da Fundación Otero Pedrayo, da propia Federación e do Concello de Amoeiro.

A xornada incluíu unha ofrenda poética dos diferentes ateneos e a actuación de Manoele de Felisa, que presentou por primeira vez o disco De Felisa a Otero Pedrayo.

Pola tarde celebrouse un xantar de confraternidade, a intervención da secretaria da Fundación Otero Pedrayo, o visionado do documental Otero Pedrayo, dereito á paisaxe e un percorrido guiado por espazos vinculados ao escritor.

No encontro participaron os ateneos de Vigo, Nigrán, Moaña, Cangas, Marín, Ferrol, Pontevedra, Santiago e Ourense.

No mirador da Bocarribeira

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.