As xornadas veciñais “Un café co alcalde” chegan este martes a Lampón

29 Xuño 2026

Este martes 30 de xuño vaise celebrar na parroquia de Lampón un novo encontro participativo e cidadán no concello de Boiro: unha nova xuntanza de diálogo e traballo abeirada á xira Un café co alcalde. Será ás 20.00 horas no Centro Social de Escarabote. Na cita, o rexedor boirense, José Ramón Romero,

A de Lampón será a última parroquia que se visite no marco desta primeira volta de encontros coa veciñanza que teñen como finalidade que os veciños e veciñas de cada parroquia poidan poñer de manifesto as necesidades conxuntas de cada núcleo. Con estes encontros búscase ter un contacto máis directo coa cidadanía e dar a oportunidade á veciñanza de que trasladen as súas peticións e demandas sen necesidade de desprazarse ao Concello.

Estas reunións son un complemento das xuntanzas que o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e demais membros do goberno manteñen semanalmente de xeito individual con veciños e entidades que así o solicitan.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.