As propiedades das algas das nosas rías centran este xoves unha xornada no Casino de Noia

03 Xuño 2026

O Edificio Casino de Noia acolle este xoves 4 de xuño unha actividade das Xornadas Alimentos do mar, alimentos da vida, centrada nas algas das nosas rías e os seus múltiples beneficios para as persoas.

A xornada Algas das rías galegas: unha fonte de saúde por descubrir porá o foco nas posibilidades (saudábeis, gastronómicas, comerciais) do reino vexetal do mar, a partir das 19.00 horas no Casino.

A sesión será impartida por Ana B. Crujeiras Martínez, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dunha xornada aberta ao público e organizada GALP Costa Sostible. Non será precisa precisa inscrición previa. Despois da conferencia haberá unha degustación de elaboracións con algas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.