Ambar celebrou o Día das Familias en Cabío cunha xincana de xogos e sesión vermú

22 Xuño 2026


O pasado sábado 20 de maio, o merendeiro de Cabío (A Pobra) converteuse no escenario ideal para a celebración do Día das Familias. A xornada, organizada pola Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional e marcada polo bo tempo e a alta participación, logrou o seu obxectivo principal: estreitar lazos comunitarios a través do xogo, a aprendizaxe e a convivencia interxeracional.

Máis de 120 persoas asistiron na dita área de lecer de Cabío para participar nunha xincana de catro probas e compartir unha xornada de convivencia . A aprendizaxe da lingua de signos, o traballo en equipo e o lecer foron os grandes protagonistas dunha xornada que pechou co tradicional vermú musical.

A actividade central da mañá foi unha xincana adaptada para todas as idades e dividida en catro estacións temáticas. Cada participante recibiu unha credencial oficial que debía ir completando cos selos correspondentes ao superaren cada proba.

Tras completaren con éxito a rotación por todos os postos e encheren as súas credenciais, a xornada mudou cara a un ambiente máis relaxado e festivo. O broche de ouro púxose “cun picoteo comunitario” e unha sesión vermú musical, un dos momentos máis valorados polos asistentes, consolidando o evento como unha xornada de lecer compartido.

Dende a organización destacan o éxito da convocatoria e agradecen a implicación de todas as familias, cuxo entusiasmo fixo realidade que este Día das Familias fose “un recordo inmellorábel”, sinalaron.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.