Venres 19, alivio térmico nas Rías Baixas e Santiago: entrada de aire atlántico máis fresco

18 Xuño 2026

Este venres 19, as Rías Baixas e a área de Santiago notarán un certo alivio térmico pola entrada dunha masa de aire atlántica máis fresca. Agárdanse brétemas costeiras nas primeiras horas nas Rías Baixas e néboas en puntos do interior compostelán, que irán disipándose co avance da mañá.

En xeral, os ceos presentaranse con poucas nubes, aínda que pola tarde medrarán nubes de evolución, con posibilidade dalgún chuvasco treboento illado, menos probable no litoral e algo máis factible en zonas do interior.

As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso(Máximas de 23 a 27 graos). A partir do sábado empeza a subir de novoa temperatura. Os ventos soprarán do oeste-suroeste, frouxos en xeral, virando a nordés cara ao final do día.

meteogalicia

O noso mar: vento variable á mañá, do oeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade regular á mañá, boa á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.