Alda Hotels presenta en Corrubedo un proxecto por partida dobre: Alda Corrubedo e Anosa Taberna

02 Xuño 2026

A cadea galega de establecementos Alda Hotels presentou este martes 2 de xuño, ante os medios de comunicación, os seus novos proxectos no Barbanza: Alda Corrubedo e Anosa Taberna, dúas iniciativas hoteleiras coas que a compañía busca consolidar a súa aposta polo desenvolvemento turístico da zona. O acto tivo lugar ás 12.00 horas nas instalacións de Alda Corrubedo, situadas na rúa Torreiro, 1, en Corrubedo, Ribeira.

A presentación contou coa participación de Alberto Rodríguez Boo, propietario de Alda Hotels, e coa asistencia do director da Axencia de Turismo de Galicia, Xose Manuel Merelles; a alcaldesa de Ribeira, Mariola Sampedro, a concelleira de Turismo de Ribeira, Ana Barreiro Rego; o alcalde de Boiro, José Ramón Romero García; e a responsábel de Turismo de Boiro, María Outeiral.

“O Barbanza recibiunos con Alda Ribeira, o noso primeiro establecemento na zona, e desde entón seguimos reforzando a nosa presenza con Alda Boiro, Alda Barraña Praia e Alda Corrubedo, un hotel de recente creación. Este último aloxamento incorpora, ademais, unha proposta de restauración da man da nova sociedade Restauradores de Cociña Atlántica e do restaurante Anosa Taberna, situado a carón do hotel”, sinalou Alberto Rodríguez Boo, director executivo (CEO) e fundador de Alda Hotels, quen explicou do seguinte xeito as orixes da cadea hoteleira: “Dende moi cativo vin de preto o que significan a formación, o esforzo e a capacidade de adaptarse. En 2008, con 29 anos, a empresa na que traballaba entrou en concurso de acredores. Foi entón cando puxen en marcha o primeiro hostel en Santiago, e aí comezou a historia de Alda”.

E engadiu: “A empresa do futuro será a que saiba integrar a Intelixencia artificial con intelixencia emocional, criterio e liderado humano. Debemos avanzar con cabeza, con fame e sen esquecer de onde vimos. Hai que adaptarse ao cambio, pero este negocio seguirá tratándose do mesmo: persoas que coidan de persoas”.

Tamén interveu a alcaldesa María Sampedro: “Para min, como alcaldesa, é unha honra participar na presentación deste aloxamento nun enclave tan especial como Corrubedo, o único lugar de Galicia que conta cun parque natural e un parque nacional. É moi positivo que unha empresa como Alda Hotels elixa Ribeira para seguir crecendo, coa apertura de dous hoteis na nosa cidade”.

Pola súa banda, o rexedor boirense, José Ramón Romero, quixo agradecer a Alberto e a Alda Hotels “que pensasen no Barbanza para seguir medrando e abrir catro hoteis na nosa comarca. Para nós é unha noticia moi positiva, porque seguimos traballando para contar con máis aloxamentos, máis prazas e máis capacidade hoteleira, unha necesidade cada vez máis evidente ante o crecemento da demanda turística”.

Deseguido, Xosé Manuel Merelles, director xeral de Turismo de Galicia, sinalou que “para a Xunta de Galicia sempre é unha gran satisfacción acompañar a apertura dun novo hotel nun enclave tan singular como Corrubedo e Ribeira. Contar cun sector hoteleiro sólido é fundamental para que quen nos visita poidan gozar plenamente de Galicia, da súa cultura, da súa natureza e da súa gastronomía. Quero felicitar tamén a Arousa-Barbanza polo seu traballo continuo para consolidarse como un dos destinos de calidade de Galicia, así como a Alda por esta nova apertura e por unha traxectoria que supera xa os 100 aloxamentos distribuídos polo norte de España. Para Galicia e para Turismo de Galicia é un orgullo contar cunha empresa como Alda, que contribúe ao crecemento e á profesionalización da nosa oferta turística”.

Desde Alda Hotels destacaron tamén que esta incorporación responde á vontade de “seguir crecendo en destinos con identidade propia, apostando por aloxamentos integrados na súa contorna e capaces de ofrecer ao visitante unha experiencia vinculada ao territorio, a gastronomía e o patrimonio natural da zona”.

Alda Corrubedo e Anosa Taberna nacen como unha proposta que combina aloxamento e restauración, orientada tanto a visitantes como ao público local, e pensada para contribuír á actividade turística de Corrubedo e do conxunto do Barbanza. A compañía subliñou que “esta apertura supón unha oportunidade para seguir xerando actividade na zona, fortalecer a oferta turística existente e acompañar o crecemento dun destino cun importante potencial vinculado ao mar, a natureza e a cultura local”.

Un enclave privilexiado

Situado fronte ao porto de Corrubedo e a escasos metros da praia, o novo aloxamento localízase nun dos espazos de maior atractivo turístico da comarca. A súa contorna inmediata inclúe o núcleo mariñeiro da localidade, as praias próximas e o Parque Natural das Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, un dos principais referentes ambientais de Galicia.

Ademais da oferta de aloxamento, o establecemento incorpora un novo espazo de coworking en colaboración con Anosa Taberna, ampliando así os servizos dispoñíbeis para profesionais, equipos de traballo e visitantes que buscan combinar lecer e actividade laboral nunha contorna singular.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...