Aguiño rende homenaxe a Manuel Ayaso e a Lucía Rivas cun novo mural feito pola rapazada do CEIP Heroínas de Sálvora e impulsado pola AFLM

13 Xuño 2026

Aguiño estreou este curso un novo mural, en homenaxe ao artista local Manuel Ayaso e á súa dona Lucía Rivas.

A obra comezou a facerse en maio e foi rematada agora en xuño (debido á climatoloxía) da man da Asociación Francisco Lorenzo Mariño (AFLM) en colaboración cun grupo de alumnado do CEIP Heroínas de Sálvora, coordinado pola mestra Sara Reiriz, que é ademais directiva da asociación Francisco Lorenzo Mariño.

Trátase dun novo mural en homenaxe ao artista Manuel Ayaso Dios, collendo dous dos debuxos que o artista agasallou para a Casa da Cultura da parroquia, que leva o seu nome. Este mural, que xa está rematado é tamén o recoñecemento e lembranza da asociación e a comunidade escolar a Lucía Rivas, case un ano despois do seu pasamento o 22 de xuño de 2025.

Dende a AFLM lembran que “Lucía foi sen dúbida a musa de Ayaso, a súa dona e nai de Julian e Mónica, que preservou e defendeu o legado do artista; unha persoa solidaria que doou mancheas de obras para causas benéficas, artísticas e culturais ademais da metade da colección que o artista e ela doaron ao Concello de Ribeira”.

Engaden que “a relación de Ayaso e Lucía coa nosa entidade foi moi estreita dende o seu regreso a Galicia, así foi recoñecido en 2009 pola nosa asociación como Aguiñés das Artes ou se lle dedicou a Semana Cultural 2020 que dende fai máis de dúas décadas organiza a asociación, ademais de ser unha das entidades impulsoras e a solicitante ao Concello de Ribeira para que a Casa da Cultura da parroquia levase o seu nome”.

Lembran que Lucía regalou á asociación e ao Colexio de Aguiño materiais do pintor cando este faleceu, tales como papel, pinturas, pinceis, cores, etc para o Atelier do centro educativo que tamén leva o seu nome, xa que foi inaugurado polo propio Ayaso nunha visita e charla co alumnado que realizou en 2022 acompañado do xestor cultural municipal Unai González, amigo persoal que tamén propiciou a visita ao CEIP O Grupo en 2021 e a edición da publicación de poemas infantís e debuxos Paxarada que editou a ANPA Santa Uxía.

O mural conta cos logos da asociación, o colexio e a UPA Ribeira, xa que está pintado na fachada do local parroquial de Aguiño, tendo a colaboración e consentimento do párroco dende o principio. “É o segundo mural que realizamos, xa que en 2024 realizouse outro con motivo do primeiro aniversario do seu pasamento, no mes de maio”, sinalan dende a asociación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.