A Xunta brinda o seu apoio á nova campaña extraordinaria do CCA de Boiro (ABE): “Boiro Xoga”

24 Xuño 2026

A Xunta de Galicia apoiará entre os próximos meses de setembro e outubro cinco campañas de dinamización comercial extraordinarias no marco das axudas deste ano aos centros comerciais abertos, en concreto, impulsadas polos CCA de Boiro, Marín, Redondela, Viveiro e Verín. Deuno a coñecer o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, nunha reunión á que foron convocadas as entidades beneficiarias.

Estas entidades foron seleccionadas entre as mellor valoradas na convocatoria na que se apoiaron un total de 56 centros comerciais abertos de toda Galicia cun investimento global superior aos 2,35 millóns de euros.

A estas cinco propostas en concreto o Executivo autonómico destinará preto de 100.000 euros, “como recoñecemento á súa calidade, capacidade de innovación e impacto no territorio”.

As campañas perseguen “dinamizar o tecido comercial, fomentar o consumo de proximidade e reforzar o papel do comercio como motor socioeconómico nas vilas e cidades”.

Con estas accións extraordinarias, a Xunta pon en valor o esforzo e a creatividade dos centros comerciais abertos, consolidándoos como pezas clave para dar cumprimento aos obxectivos do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030.

A primeira das accións, Boiro Xoga, a cargo da Asociación Boirense de Empresarios e Profesionais Autónomos, desenvolverase do 8 ao 26 de setembro. A gran partida do comercio local será unha campaña inspirada no xogo do Monopoly, adaptándoo á realidade urbana e comercial de Boiro. Así, o municipio transformarase de xeito simbólico nun gran taboleiro no que cada compra realizada no comercio local constituirá un movemento activo a favor da economía de proximidade. A campaña configúrase como unha experiencia híbrida —presencial e dixital— que combinará incentivos económicos reais, gamificación e programación lúdica, orientados a incrementar o fluxo de público e o consumo, e a reforzar o vínculo emocional co comercio local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.