A veciñanza de Rianxo poderá desfrutar este sábado da retransmisión en directo de “Romeo e Xulieta” dende o Teatro Real de Madrid

09 Xuño 2026

Este sábado 13 de xuño a veciñanza de Rianxo vai poder desfrutar da retransmisión en directo da ópera Romeo e Xulieta de Charles Gounod. Trátase dunha actividade encadrada no programa de proximidade do Teatro Real de Madrid (Semana de la Ópera) que dará comezo ás 19.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal de Rianxo e que terá unha duración de 3 horas e 10 minutos, con descanso. Será unha función para todos os públicos. Organiza o Teatro Real a través do programa Cerca de ti coa colaboración do Concello de Rianxo.

A base deste espectáculo é a obra inmortal de William Shakespeare reinterpretada polo compositor Charles Gounod. Na produción atópase Thomas Jolly e inclúe un reparto estelar que conta con Nadine Sierra, Javier Camarena, Ismael Jordi e Laurent Naouri, entre outros.

Ópera en cinco actos

Música de Charles-François Gounod (1818-1893)

Libreto de Jules Barbier e Michel Carré, baseado na obra homónima (1597) de William Shakespeare

Estreada no Théâtre Lyrique de París o 27 de abril de 1867

Estreada no Teatro Real o 19 de novembro de 1873

Nova produción do Teatro Real, en coprodución coa Opéra National de Paris

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.