A Policía e o Concello de Rianxo iniciaron un dispositivo especial para combater os lumes no municipio

14 Xuño 2026

Dende o Concello de Rianxo informaron da posta en marcha de medidas específicas para combater os lumes forestais, medidas que foron habilitadas esta mesma fin de semana e que poñen o foco en disuadir a posíbeis incendiarios de prender lume no monte, e máis tendo en conta que Rianxo atópase entre os concellos de máis risco de sufrir incendios coa chegada de cada verán.

Segundo informaron o Concello e a Policía Local, “o dispositivo especial de vixilancia está orientado a detectar a existencia de lume nos nosos montes para atallalos o antes posíbel”, tentando “disuadir aos incendiarios con roldas periódicas por pistas forestais”.

Ademais, o 1 de xullo o Concello incorporará 5 persoas que conformarán a Brigada Municipal de Incendios de Rianxo. Unha brigada composta de un xefe de brigada, un condutor e tres peóns que levarán a cabo labores preventivas e de extinción de incendios no municipio.

Ante calquera indicio de lume, cómpre chamar ao 085. Tamén podemos chamar ao 112 ou á Policía Local de Rianxo.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.