A Pobra reforza a rede de emprendemento feminino

22 Xuño 2026

Preto de corenta mulleres emprendedoras e profesionais participaron o pasado xoves 18 de xuño na II Xornada de encontro e conexión entre mulleres e proxectos, unha iniciativa promovida pola área de Promoción Económica do Concello da Pobra do Caramiñal, dirixida por Amparo Cerecedo, no marco da Rede de Espazos Colaborativos da Deputación da Coruña.

A proposta desenvolveuse entre a praia dos Areos e o Chiringuito Xobre, nun ambiente pensado para favorecer o intercambio de experiencias, o coñecemento mutuo e a xeración de novas oportunidades de colaboración entre proxectos liderados por mulleres.

Durante a xornada, as participantes tomaron parte en distintas dinámicas e espazos de diálogo arredor do emprendemento, o benestar, a creatividade, o turismo e o impacto social no territorio.

A xestora e dinamizadora do Coworking Pobra, Fátima Rodríguez, puxo o foco no valor da cooperación como ferramenta de crecemento, sinalando que “emprender con perspectiva de xénero supón un cambio de paradigma: pasamos de competir a coopetir, entendendo que a colaboración e a xestión emocional son activos tan valiosos para o negocio como a propia estratexia comercial”.

O proxecto contou coa colaboración de Nancy Silva (Apertas de Cores), responsábel do obradoiro emocional; Beatriz Rivas, anfitrioa do encontro; e das coordinadoras das distintas mesas temáticas: Cany Juncal, Beatriz Pereira, Marta Rodríguez e Sonia García, que contribuíron ao desenvolvemento dunha experiencia participativa baseada na inspiración, a reflexión compartida e a creación de vínculos profesionais.

A concelleira Amparo Cerecedo destacou a boa acollida da convocatoria e agradeceu a implicación das asistentes e colaboradoras, subliñando a importancia de seguir impulsando espazos que favorezan o apoio mutuo, a visibilidade do talento feminino e a consolidación de iniciativas emprendedoras no municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.