A Pobra presenta o Verán Cultural 2026

29 Xuño 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal deu a coñecer este luns 29 de xuño a programación do Verán Cultural 2026, unha ampla proposta de actividades pensada para achegar a cultura á veciñanza e dinamizar os espazos públicos durante os meses de xullo e agosto.

A presentación estivo a cargo da concelleira de Cultura, Patricia Lojo, acompañada da técnica municipal de Cultura, Fita Sanisidro, coordinadora da programación.

Durante a súa intervención, Patricia Lojo destacou a aposta do Concello por unha oferta diversa, accesíbel e pensada para públicos de todas as idades.

“Queremos seguir facendo da cultura un punto de encontro e participación. Traballamos para ofrecer unha proposta diversa que anime á veciñanza a saír á rúa, compartir tempo e desfrutar do noso concello. Entendemos a cultura non só como unha oferta de lecer, senón tamén como unha ferramenta que dinamiza os espazos públicos e contribúe a facer da Pobra un concello máis vivo.”

A concelleira tamén agradeceu o traballo de todas as persoas que fan realidade esta programación e destacou, de maneira especial, o labor de Fita Sanisidro, responsábel da coordinación de todas as actividades.

Pola súa banda, Fita foi a encargada de presentar o calendario, que arrancará esta mesma fin de semana coa programación para público adulto do Festival Atlántica. O venres 3 de xullo, os xardíns do Pazo do Couto acollerán Raianas, de Irene Reina e Ricardo J. Martins, mentres que o sábado 4 será a quenda de Contiñas, de Marita Martínez, no Convento de Santo Antón. Ambos os espectáculos comezarán ás 21.00 horas.

O programa continuará durante xullo e agosto cunha ampla oferta para o público infantil e familiar, que incluirá espectáculos de música, maxia, teatro, novo circo, acrobacias e animación da man de Os Jalochos, Xavi Bufa, Joshua Kenneth, A Xanela do Maxín, Sue Moreno, Nelson Quintero Produccións, Inventi Teatro, Rendos Pequeno e María Faltri.

A música tamén terá un papel destacado, con varios concertos da Banda de Música da Pobra e da Banda de Música Candeán, aos que se sumarán dous encontros de música e baile tradicional organizados pola Asociación Xiada e o festival Caramiñas, promovido pola Asociación Amas de Casa. Esta entidade será tamén a encargada de organizar en agosto o tradicional Encontro de Habaneras.

A maior parte das actividades desenvolveranse no Cantón da Leña, aínda que a programación chegará tamén a outros espazos emblemáticos do municipio, como os xardíns do Pazo do Couto, o Convento de Santo Antón e a Igrexa de Santiago do Deán.

Esta programación conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña e do programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia, reforzando así o compromiso do Concello coa promoción dunha oferta cultural ampla, diversa e de calidade durante todo o verán.

Toda a programación pode consultarse na páxina web municipal www.apobra.gal.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.