A Pobra acolle unha nova manifestación este 28 de xuño pola defensa da sanidade pública

16 Xuño 2026

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza convoca unha manifestación o domingo 28 de xuño (ás 12 horas), con saída do Centro de Saúde da Pobra do Caramiñal e chegada na praza do Emigrante. Esta convocatoria prodúcese para pedir solucións ás carencias na atención sanitaria que padece a veciñanza da Pobra, despois de que hai xa uns meses se presentasen máis de 3000 sinaturas solicitando estas melloras e de que non se obtivese ningunha resposta por parte das autoridades sanitarias.

En concreto pídese o seguinte:

-Reclámase que o PAC da Pobra abra tamén durante as tardes (e non só polas noites), xa que, explican, “a falta de persoal específico para atender as urxencias se traduce nunha saturación do persoal de atención primaria que traballa polas tardes, na obriga de que as veciñas e veciños se teñan que trasladar ao PAC de Ribeira ou directamente ao Hospital da Barbanza, e no risco de saturación destes dous servizos precisamente por deber atender casos que poderían resolverse axeitadamente no PAC que xa existe pero só funciona a partir das 22 horas nos días laborábeis”.

-Esíxese que se cubran todas as prazas de facultativas/os. A Plataforma sinala que “hai tempo xubilouse unha das persoas que ocupaba unha das sete prazas que existían no Centro de Saúde e nunca máis se volveu cubrir. Malia que se diga que a Pobra do Caramiñal conta con persoal abondo, a realidade é que as listas de espera non deixan de aumentar na atención primaria”.

-Demándase que precisamente, se reduzan as listas de espera no Centro de Saúde”. E engaden: “A situación actual é que moitas pacientes deben esperar incluso dúas semanas para conseguir unha cita co seu médico de cabeceira. A chegada do verán fai que sexa lóxico temer que a situación vaia empeorar en datas vindeiras, xa que a poboación da vila aumenta e moito coa chegada de visitantes e turistas e, non só non se incrementa o persoal sanitario dispoñíbel, senón que polo que sabemos non está previsto cubrir con reforzos as vacacións do persoal sanitario habitual”. Esta situación, apuntan, “retroalimenta o comentado nos puntos anteriores: a falta de citas dispoñíbeis implica que a poboación acuda aos servizos de urxencia para ser atendida de afeccións que deberían tratarse na atención primaria”.

Ademais de pedir a toda a veciñanza que acuda á manifestación do domingo 28 de xuño, desde a Plataforma tamén se solicita a colaboración dos comercios locais, para que “amosen tamén o seu apoio á convocatoria e ás reivindicacións”. Para iso facilitaránselles uns carteis que poderán poñer en tendas e negocios.

Por outra banda, desde a Plataforma contactouse con todos os grupos políticos que teñen representación no Consistorio da Pobra, para que convoquen un pleno específico e aproben unha moción en apoio dunhas reclamacións que buscan a mellora da atención sanitaria de toda a poboación á que representan.

Namentres, este próximo venres, 19 de xuño, mantéñense as seguintes convocatorias:

Ás 11.30 h: diante do Centro de Saúde de Aguiño, haberá concentración para reclamar a cobertura do persoal sanitario: de dúas médicas, unha está de baixa desde novembro.

E ás 12 h: a concentración da Pobra do Caramiñal terá lugar na venida Castelao (nos Xardíns Valle-Inclán), onde se reclamará que o PAC abra tamén polas tardes os días laborais.

    Outros artigos

    Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

    O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

    +

    Este sábado celébrase a Festa de San Benito de Bergondo (Noia)

    Este sábado 11 de xullo, a parroquia de Bergondo (Noia) vai celebrar a súa tradicional Festa de San Benito cunha programación pensada para todas as idades: sesión vermú, gastronomía, inchábeis con auga, festa da escuma e moita música ata ben entrada a noite. A festa...

    +

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “Etapas vitais” – José Manuel Pena

    “Etapas vitais” – José Manuel Pena

    O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

    O Barbanza
    Resumo de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.