A II Xornada de Emprendemento de Feminino do Coworking Pobra completa o aforo previsto

15 Xuño 2026

O Coworking Pobra completou o aforo previsto para a súa II Xornada de Encontro e Conexión entre Mulleres e Proxectos, que se celebrará o vindeiro xoves, 18 de xuño da man do Concello. Un total de 35 mulleres participarán nesta xornada, na que estarán representados 23 proxectos profesionais de ámbitos tan diversos como o turismo, o comercio, a creatividade, os servizos, a artesanía ou o benestar.

O Concello indicou que a elevada participación rexistrada nesta segunda edición “pon de manifesto o interese existente por contar con espazos de encontro que favorezan a creación de sinerxías, o intercambio de experiencias e o fortalecemento das redes profesionais entre mulleres emprendedoras”.

Segundo indica Fátima Rodríguez, xestora e dinamizadora do Coworking Pobra, “emprender con perspectiva de xénero supón un cambio de paradigma: pasamos de competir a coopetir, entendendo que a colaboración e a xestión emocional son activos tan valiosos para o negocio como a propia estratexia comercial. Xerar espazos onde as mulleres poidan explorar recomendacións cruzadas ou deseño de proxectos conxuntos resulta altamente gratificante para o tecido económico local”.

Un encontro para compartir experiencias e crear alianzas

Fóra do espazo habitual do Coworking Pobra, a xornada desenvolverase en dúas localizacións da vila. A actividade dará comezo ás 18.00 horas na praia do Areal cun obradoiro de xestión emocional aplicada ao emprendemento, impartido por Nancy Silva, de Apertas de Cores.

Máis tarde, ás 20.30 horas, as participantes trasladaranse ao Chiringuito de Xobre, onde serán recibidas pola anfitrioa Beatriz Rivas. A continuación desenvolverase unha dinámica de networking organizada por mesas temáticas centradas nos sectores do turismo, o benestar, a creatividade, o ocio, o comercio e o impacto social.

O propósito desta actividade é facilitar o coñecemento mutuo entre as participantes, promover a colaboración profesional e favorecer a creación de proxectos compartidos que contribúan ao desenvolvemento económico e social da comarca. A xornada contará tamén coa participación da concelleira de Promoción Económica da Pobra do Caramiñal, Amparo Cerecedo.

Impulso ao talento e á colaboración

Esta iniciativa forma parte das accións que o Coworking Pobra desenvolve ao longo do ano como integrante da Rede de Espazos Colaborativos da Deputación da Coruña. A través deste programa promóvense actividades de acompañamento ao emprendemento, formación especializada, encontros profesionais e accións destinadas a fortalecer o tecido económico local.

A boa resposta acadada nesta segunda edición confirma a utilidade deste tipo de encontros para favorecer a colaboración, ampliar as redes de contacto e impulsar novas oportunidades profesionais entre as emprendedoras da contorna.

O Concello da Pobra do Caramiñal continúa así apostando por iniciativas que contribúan ao desenvolvemento económico local, favorezan a cooperación entre profesionais e impulsen o emprendemento feminino e a creación de redes profesionais no territorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.