A Deputación informa en Ribeira das axudas provinciais para asociacións veciñais e de mulleres rurais

18 Xuño 2026

A deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, mantivo en Ribeira este xoves 18 un encontro coa Asociación de Amas de Casa para informar das axudas da Deputación da Coruña dirixidas ás asociacións veciñais e de mulleres rurais da provincia.

A reunión serviu para explicar as convocatorias deste ano, resolver dúbidas e recoller ideas e suxestións das propias entidades, co obxectivo de telas en conta no deseño de futuras liñas de apoio.

Capelán lembrou que a Deputación “vén de conceder preto de 104.000 euros en axudas a asociacións veciñais e entidades de mulleres rurais para financiar diferentes actividades de promoción económica, dinamización comunitaria, formación, convivencia, envellecemento activo e lecer ao longo de 2026”.

Estas axudas, dixo, “están dirixidas a entidades de concellos de menos de 50.000 habitantes, é dicir, todos os municipios da provincia agás A Coruña, Santiago e Ferrol”.

Entre os proxectos apoiados figuran obradoiros de memoria, cursos de ximnasia, actividades de estimulación física e cognitiva, encontros veciñais, viaxes culturais, accións formativas e programas para fortalecer a vida comunitaria nas parroquias.

“A mellor maneira de que as axudas funcionen é escoitar a quen as utiliza. Por iso vimos explicar as convocatorias, pero tamén tomar nota das necesidades reais das asociacións, das dificultades que atopan na tramitación e das propostas que poden axudarnos a mellorar futuras liñas”, sinalou Cristina Capelán.

A deputada destacou o papel das asociacións como “unha peza clave para manter vivos os nosos pobos, crear espazos de encontro e impulsar actividades que melloran a vida diaria da veciñanza”.

O encontro en Ribeira forma parte do traballo de proximidade que a Deputación desenvolve co tecido asociativo da provincia para divulgar mellor os recursos dispoñíbeis, detectar novas necesidades e reforzar o papel das entidades locais na dinamización social dos concellos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.