A AECC de Boiro sae á rúa este domingo 5 para recadar fondos contra o cancro

29 Xuño 2026

Este domingo 5 de xullo pola mañá a delegación da AECC (Asociación Española Contra o Cancro) en Boiro vai celebrar na vila unha nova xornada de recadación de fondos a prol da investigación da dita doenza e para mellorar a atención, o apoio e a calidade de vida das persoas afectadas pola mesma e das súas familias.

En concreto, o voluntariado da Asociación Española Contra o Cancro percorrerá as rúas do municipio, identificado cos seus característicos chalecos verdes e as tradicionais huchas, para pedir a colaboración e implicación dos veciños e veciñas para avanzar en investigación e na humanización da atención ás persoas con cancro.

Lembrar tamén que a AECC Boiro e o Concello celebraron o 21 de xuño a nova edición da Andaina Solidaria Boiro, en marcha contra o cancro. O percorrido, de cinco quilómetros, serviu para recadar fondos a través das inscricións: 8 euros para persoas adultos e cinco para nenas e nenos.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.