A ABE prepara “Boiro Xoga”, unha nova forma de descubrir e poñer en valor o comercio local

24 Xuño 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) prepara unha nova e innovadora iniciativa para poñer en valor o comercio local: a campaña Boiro Xoga, que foi seleccionada pola Xunta de Galicia como unha das cinco campañas extraordinarias de dinamización comercial mellor valoradas dentro da convocatoria de axudas aos Centros Comerciais Abertos 2026.

Este recoñecemento supón que, por segundo ano consecutivo, unha iniciativa desenvolvida pola ABE recibe esta consideración, consolidando a Boiro, en palabras da patronal, como “un referente na creación de propostas innovadoras para promover o comercio local e conectar aos negocios coa cidadanía”.

A nova campaña verá a luz no mes de setembro e terá como punto de partida a edición física dun xogo de mesa inspirado na realidade urbana e comercial de Boiro, unha proposta coa que a ABE busca achegar á veciñanza o valor do comercio de proximidade dunha forma diferente, participativa e divertida.

A ABE adianta que “a través deste xogo, as persoas participantes poderán descubrir unha nova maneira de mirar a vila, coñecer mellor o seu tecido empresarial e reflexionar sobre a importancia dos negocios locais como espazos que xeran actividade económica, relacións e comunidade”.

A campaña combinará accións presenciais e dixitais, incorporando elementos de participación e dinamización comercial co obxectivo de fomentar o consumo de proximidade, incrementar o fluxo de público nos establecementos e reforzar o vínculo entre a cidadanía e o comercio boirense.

Dende a ABE destacan que Boiro Xoga “nace coa idea de seguir avanzando nun modelo de promoción comercial no que as campañas non sexan só accións promocionais, senón experiencias capaces de implicar ás persoas e poñer en valor a identidade dunha vila”.

“Detrás de cada negocio hai unha persoa, unha historia e unha relación construída durante anos. O comercio local forma parte da vida de Boiro e esta campaña busca precisamente poñer en valor todo o que hai detrás de cada establecemento”, sinala o presidente, Daniel Garcia.

A noticia foi comunicada polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, nun encontro mantido coa ABE e co resto das entidades seleccionadas, no que tamén participou o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén.

Dende a Asociación Boirense de Empresas valoran este apoio como “un recoñecemento ao traballo colectivo do comercio boirense” e “como un estímulo para continuar impulsando novas iniciativas que axuden a fortalecer o comercio local como motor económico e social da vila”.

Outros artigos

A Casa RIA celebra en Santiago o seu segundo aniversario

A sede da Casa RIA en Santiago acolleu este 1 de xullo pola tarde a celebración do segundo aniversario da materialización desta sede na rúa Virxe da Cerca, sede da Fundación RIA: entidade envorcada en reivindicar a tradición arquitectónica, produtiva, social, cultural...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...