A 10ª edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia (USC) arrinca en Ribeira con máis de medio cento de participantes

06 Xuño 2026

Patrimonio, fotografía e contorna dixital son as tres temáticas nas que se centra a décima edición do programa de democratización do coñecemento da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Camiños de Coñecemento e Experiencia en Ribeira.

Máis de medio cento de veciños e veciñas que superan os 50 anos de idade participan neste proxecto que comezou na tarde deste venres 5 de xuño, co Centro Cultural Lustres Rivas como epicentro formativo. Acompañada da directora do IV Ciclo na USC, Esther Olveira, a concelleira de Educación, Nucha Brión, achegouse ata o lugar para saudar ás persoas participantes e comprobar o “éxito” dunha nova convocatoria, á que se suma tamén o IV Ciclo; uns proxectos que “fomentan o envellecemento activo da nosa veciñanza ao mesmo tempo que supón un enriquecemento persoal ao aprender sobre distintas
temáticas”, sinalou.

O seminario O documentalismo fotográfico: do Photo-Secession ás redes sociais marcou o inicio das clases neste 5 de xuño, da man de Katia Cino Rouco, investigadora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica deste programa universitario, quen proseguirá no día 11 cun obradoiro.

José Manuel Vázquez Lijó, profesor doutor colaborador do IV Ciclo, ensinará sobre Pazos: microcosmos de antano no día 8 para levar a práctica a unha saída cultural ao Pazo de Goiáns no día 9. Finalizarase no día 10 con Álvaro Dosil Rosende, profesor da Facultade de Ciencias da Educación, para aprender sobre O uso do móbil, sácalle partido e rematar xa coa lección no día 12.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.