Seis veces -onte a última, polo de agora- se concentraron ao pé da ría de Arousa milleiros de persoas que reclamaron a negativa oficial aos permisos que poden reabrir a porta á explotación da mjna de Touro e á pasteira de Altri, ambos os dous proxectos que inciden negativamente na pervivencia da ría arousán e os milleiros de mariñeiros e mariscadores que viven dela. Hai presentadas 27.000 alegacións en contra dos proxectos e un informe cualificado de “demoledor” pola Plataforma Ulloa Viva delatando a agónica situación pola que está a pasar a ría arousàn e as persoas que viven grazas a esta.
Máis a Xunta semella optar polo “sacrificio do Ulla e a Ría de Arousa para beneficiar a uns privilexiados, malvendendo o noso xeito de vida”, segundo manifestou un membro da Plataforma de Defensa da Ría de Arousa.
A factoría Altri, prevista a súa instalación na comarca da Ulloa, e a reapertura da mina de Touro-O Pino, son o cancro que carcome as ilusións de boa parte dos galegos coincentradas neses dous proxectos que, como castigo inxustificado, penduran no ser e sentir de cada quen, como se poido constatar este caloroso e abafante domingo na Illa parha demandar do Goberno a paralización do proxectado, tal e como milleiros de persoas demandaron na manifestación realizada dende a praia do Vao ata o peiraio do Xufre. Por mar, preto de catrocentas embarcacións de todo tipo e as súas respectivas buguinas, demandaron apoio estatal e da Xunta ao que é o seu medio de vida, absolutamente dependente da ría á que, en calquera caso, irían parar os verquidos de ambas as industrias.
“Altri non, e mina tampouco” clamaron os manifestantes que, amáis, corearon consignas coma “queremos traballar no noso rural” ou “da Ulloa á ría, defende a nosa ría” durante unha hora de andaina, encabezada esta por tres caliveras e outras tantas chemineas que, gráficamente, representaban a contaminación que os devanditos proxectos industriais traerán ás rías galegas, na opinión dos manifestantes.



